publicidade hoxe

Pavimentación e mellora do Camiño da Escola en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Enmarcada dentro do programa que o Concello de Cabanas leva a cabo para a mellora da rede de infraestruturas viarias municipais, vense de adxudicar a obra para a execución do proxecto de pavimentación do Camiño da Escola, unha obra incluída dentro do P.O.S. 2015.

Inda que a vía conta de forma parcial con tramos de beirarrúas, a presenza do C.E.I.P. Eladia Mariño obriga a considerar unha máis que convinte mellora da seguridade viaria en base a creación de sendas peonís laterais que proporcionen continuidade ó tráfico de persoas na zona e reduzan ó máximo os actualmente obrigatorios e perigosos cruces transversais da calzada.

Un feito que tiña impedido ata a data a construción destas sendas peonís eran as cunetas circulares de formigón que ocupan boa parte da franxa lateral do marxe esquerdo da calzada. Para conseguir o aproveitamento desta marxe vaise soterrar a evacuación das augas pluviais.

As obras contemplan tamén o estendido e compactado de zahorra artificial, o pavimento continuo de formigón e a aplicación dun rego de imprimación. Tamén se levará a cabo o pintado da vía, incluíndo pasos de peóns e demais sinalización horizontal.

O contrato de execución desta obra xa foi asignado e en breve darán comezo as mesmas, que se espera poidan ter rematado aproximadamente nun prazo de dous meses. O presuposto total das obras ascenderá a case noventa mil euros.

15 de maio de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.