publicidade hoxe

Paula Cutrín, Diego Rey, Tatiana Luaces e David Lamas gañan o V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O V Concurso de Microrrelatos Concello de Fene xa ten gañadores. Convocado polo Concello de Fene e os Equipos de Dinamización e Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio, contou este ano cunha altísima participación por parte dos alumnos e alumnas do CPI A Xunqueira, CEIP Centieiras, CEIP O Ramo, CEIP Os Casais, IES Fene e, a diferencia do ano pasado, tamén do CPR Jorge Juan. Así, o xurado tívoo compricado dada a excelente calidade dos traballos presentados, pero finalmente acordou que Paula Cutrín Calvo, alumna de 6º de EP do CEIP Os Casais, se alzase co primeiro premio na categoría A (5º e 6º de Primaria) pola súa obra “Lembranzas dun mariñeiro”; na categoría B (1º e 2º de ESO) o gañador foi Diego Rey Lorenzo, alumno de 2º de ESO do CPI A Xunqueira, co seu traballo “Hugo”; Tatiana Luaces Fraga, alumna de 3º de ESO do CPI A Xunqueira, foi elixida na categoría C (3º e 4º de ESO), e David Lamas Calvo, alumno de bacharelato do IES de Fene, resultou gañador na categoría D (Bacharelato) coa obra “Retroceder cara adiante”.

Nesta liña, a edil de Normalización Lingüística e Cultura, Rocío Bértoa, explicou que a publicación dos traballos presentados a concurso e a entrega de premios terá lugar o vindeiro 1 de xuño ás 19 horas na Casa da Cultura. Tamén se inaugurará a exposición dos traballos presentados ao Certame de Creación Artística “En galego? É o noso!” e levarase a cabo a entrega de premios colectivos aos centros participantes: CPI A Xunqueira, CEIP de Centieiras, CPR Jorge Juán, CEIP O Ramo, CEIP Os Casais e IES de Fene.

Os participantes tiñan que elaborar un texto narrativo en lingua galega coa temática As lembranzas e que necesariamente comezaría co verso de Valente “É agora a hora”. Agora, o Concello de Fene editará en formato papel e dixital (páxina web do Concello) todos os micorrelatos da fase intercentros.

22 de maio de 2015 | 11:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.