publicidade hoxe

Os operarios do Concello de Cerdedo finalizan as melloras do vial San Martiño-Figueroa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo tras finalizar as melloras do vial San Martiño-Figueroa, inicia no día de hoxe os traballos de pavimentación na estrada Tresaldeas-Os Castros da parroquia de Quireza e remate do mesmo. Esta actuación está englobada no Plan de pavimentacións de viais e camiños de Cerdedo deseñado polo equipo de goberno que encabeza José Balseiros e redactado polos servicios municipais de urbanismo.  

O proxecto redactouse para dar cumprimento ao establecido na orde que regula as rehabilitacións de firmes e as instrucións de estradas, xa que se trata de traballos de rehabilitación superficial dos firmes das estradas en servizo, xa que a estrada municipal Tresaldeas-Os Castros presenta un drenaxe insuficiente da subbase o que afecta ao estado da estrada e complica as operacións de mantemento do vial.

As actuacións consistirán en:

– Limpeza por medios mecánicos das cunetas da carretera

– Fresado da capa de rodadura actual

– Excavación por medios mecánicos da subbase para a formación da caixa do drenaxe espiña e formación do drenaxe

– Reconstrución da base e subbase da estrada

– Aplicación dun rego de adherencia con emulsión bituminosa cun aporte de 0.5 kg/ m² de emulsión e Aplicación de mezcla bituminosa quente de 5 cm, tipo D12, na capa de rodadura.

O importe da actuación ascende a 40.000 €Aproveitando as obras que realiza a empresa adxudicataria destos traballos, o Concello pavimentará un pequeno tramo pendiente na parroquia de Folgoso no lugar de Covas e Cachofés para mellorar os accesos a vivendas.

Desbroces

Membros da brigada de operarios realizan traballos de desbroce, mellora e acondicionamento das zonas verdes e turísticas do municipio. Estas tarefas execútanse de xeito periódico coa chegada do bo tempo xa que son moitos os visitantes que nestes días acuden ao noso concello. En concreto no día de hoxe atópanse no lugar de Pedre mellorando un entorno envidiable como é o Eirado Grande.

 Actuación Isi

Por outra banda, este sábado 23 de maio terá lugar a actuación teatral a cargo do prestixiosos e recoñecido actor Isi. Representarán no Centro Cultural de Cerdedo “Dous son parella e o demais son calumnias”. Será as 8.30 horas e a entrada a 3 €. 

21 de maio de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.