publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os concellos de Carballo, Curtis e Ordes incorpóranse ao transporte metropolitano da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCarballoCurtisLocal PortadaOrdes
A-
A+
Europa Press

Os concellos de Carballo, Curtis e Ordes incorporaranse ao transporte metropolitano da Coruña, en virtude do convenio subscrito entre os seus rexedores e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, na Delegación Territorial da Xunta. “O obxectivo é ampliar o número de beneficiarios do transporte metropolitano”, destacou a conselleira. Ademais, recordou que “a día de hoxe” son 17 os concellos que se benefician do Plan de Transporte Metropolitano. “Uns 485.000 veciños”, precisou.

No caso de Carballo, Curtis e Ordes, sinalou que unha vez que se realicen “adaptacións técnicas”, espera que poidan incorporarse a este servizo “nas primeiras semanas de xullo”, precisou.

O convenio suporá unha achega económica do 80% da Xunta e o 20% restante de cada concello. En concreto, serán uns 177.000 euros. Mentres, Carballo achegará uns 105.000 euros; 61.000 Ordes e case 12.000 Curtis.

PEAXE AG-55

No acto, e a preguntas dos xornalistas sobre a demanda de liberalización da peaxe da autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55), Ethel Vázquez dixo que, dende a Xunta, se avoga porque as peaxes “sexan homoxéneas”, pero recalcou que neste caso se trata dunha peaxe dos “máis baratos de España”.

Con todo, remarcou que, ademais de “falar” coa concesionaria, sería “moito o diñeiro que habería que poñer enriba da mesa”, engadiu sobre a compensación económica que terían que dar á concesionaria.

“Non sei se o Concello de Carballo e o de Arteixo poderían contribuír”, preguntouse tamén a conselleira quen apostilou que se trata dun tema que deber meditado e “estudado” polo “desembolso importante”.

Mentres, o rexedor de Carballo, Evencio Ferrero, admitiu que este municipio non ten “capacidade económica”. “É un tema complexo, pero sabemos que hai que buscar alternativas”, apostilou sen concretar por onde pasarían as mesmas.

18 de maio de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.