publicidade hoxe

Os cativos de Touro celebran as Letras Galegas 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Actividade para escolares

Actividade para escolares

Os nenos e nenas de Touro completaron unha intensa semana de celebración das Letras Galegas, adicada este ano a Xosé Filgueira Valverde. Na Casa da Cultura participaron onte pola tarde en Cousas de Castelao, unha actividade de dinamización con música, teatro e danza. A historia narrada comenza o día que Pedro anta a marear a perdiz para non ir á escola e vai sendo testemuña de diferentes situacións que se producen na vila. O anuncio dunha viaxe nun barco cara Bos Aires espera a súa curiosidade. E, xunto co seu amigo Daniel, decide ir a velo atravesando o bosque. Esta semana os nenos e nenas de Touro tamén renderon un homenaxe a Filgueira Valverde, coñecendo un pouso máis da súa obra. Foi na tarde do pasado martes na biblioteca Xosé Neira Vilas. Touro tamén celebrou as Letras Galegas 2015 co seu VIII Festival de Teatro celebrado o pasado fin de semana.

15 de maio de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.