Os cativos da gardería municipal de Brión participan nun simulacro de incendio
Os meniños e meniñas da gardería municipal de Brión participaron nun simulacro de lume, que tivo lugar na mañá de onte luns. Unha actividade que se realiza todos os anos e que se desenvolveu con gran rapidez e sen ningún incidente. Tras recibir o aviso do lume, os mestres e mestras da gardería municipal evacuaron a todos os pequenos, os maiores polo seu propio pe e os bebés nos seus berces. Cando xa se atopaban todos fora do inmoble chegaron os membros de Protección Civil de Brión e da Policía Local.