publicidade hoxe

Os alumnos da Escola Infantil de Fene amosan a súa arte na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Organizada pola Escola Infantil A Galiña Azul coa colaboración da Concellería de Ensino de Fene, a sala de Banda Deseñada do Museo do Humor (3º andar da Casa da Cultura) acolle dende hoxe a exposición “Pequenas crianzas coa arte”. A mostra recolle unha compilación de pinturas e esculturas realizadas polos alumnos e alumnas do centro. Pequenos artistas de entre un e tres anos que ao longo do curso participaron en diferentes obradoiros, nos que nalgúns casos tamén tomaron parte as súas familias.

“Pequenas crianzas coa arte” encádrase dentro do programa “O tempo das artes”, un ciclo no que a música, a pintura, o teatro e a escultura cobran relevancia dentro do quefacer diario deste centro infantil. O programa artéllase en torno a diferentes espazos para a creación nos que os pequenos se convirten en grandes artistas “que gozan mergullándose en cores, formas, texturas e sons”.

“Pequenas crianzas coa arte” amosarase ata o 12 de xuño e as persoas interesadas en visitala poderán facelo de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 h, e o sábados, de 10 a 13 horas.

27 de maio de 2015 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.