publicidade hoxe

Oitava edición da Marcha Val de Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVerín
A-
A+

O domingo 31 de maio terá lugar a oitava edición da Marcha Val de Monterrei, organizada polo club BTT Verín e Concello de Verín. A oitava edición da proba ciclista de BTT, con saída no complexo deportivo de A Granxa, está conformada por dúas modalidades de participación (60 e 35 quilómetros), ademais dun paseo de 20 quilómetros. A retirada de dorsais terá lugar o propio día 31 de maio, a partir das 8 horas, mentres que a saída está prevista ás 9.30 e a chegada dos últimos participantes sobre ás 14 horas, seguida dun xantar conxunto.

A ruta corta e a larga son iguais ata o quilómetro 16, onde se separan (a persoa que non chegue a este punto antes de 40 minutos despois de que tome a saída, deberá ir de modo obrigatorio á ruta cortar); e volven a unirse a dezasete quilómetros da meta. Haberá un avituallamento na ruta corta e dous na larga (máis un punto de auga nesta última).

Para participar será necesario inscribirse ata o 27 de maio na páxina web http://www.bttverin.com/, no apartado de “inscricións” e realizar o ingreso correspondente segundo a modalidade escollida ou ben poñerse en contacto coa organización para pagar o mesmo día (se non se fai o ingreso ou non se poñen en contacto coa organización só se estará preinscrito). Tamén se poden realizar as inscricións nos establecementos de Bicicletas Matías, Chinquena, Run & Bike Verín e Run & Bike Chaves (se se opta por esta opción, as inscricións deben formalizarse dende hoxe 21 ata o 25 de maio). Para o Paseo en Bici non fai falta anotarse. Os prezos para participar na  VIII Marcha Val de Monterrei: socios sen comida (gratis), socios con comida (10 euros), non socios sen comida (5 euros), non socios con comida (15 euros), paseo sen comida (gratis), paseo con comida e acompañantes (12 euros). O número de conta é ES37 2100 4148 2122 0006 0815 (La Caixa) indicando no ingreso o nome e o D.I. do participante.

21 de maio de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.