publicidade hoxe

O pleno de Fene aproba o pago de facturas por 200.000 euros presentadas a maioría en xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O pleno do Concello de Fene debatiu esta mañá dous expedientes de modificación de crédito para afrontar o pago dunha serie de facturas. Pago que o alcalde, Gumersindo Galego, quería realizar antes de que conclúa a presente lexislatura, de modo que as arcas municipais quedasen co mínimo de facturas con proveedores pendente. E así se acordou en parte. O primeiro expediente recibía o apoio de todos os grupos municipais. Permitirá ao Concello afrontar o pago duns 200.000 euros en facturas que se corresponden con suministros de enerxía eléctrica, ferretería ou outro tipo de consumos efectuados en decembro, pero que as compañías e empresas facturan en xaneiro.

O segundo expediente de modificación de crédito non saiu adiante, xa que os votos do equipo de goberno non foron suficientes. Neste caso, a intención era liberar 100.000 euros para abonar facturas por traballos de aglomerado de viais ou conservación e mantenemento de zonas verdes, parques e xardíns, especialmente. Traballos que foron reclamando os veciños pero cuxas partidas se foron esgotando ao traballar cun orzamento prorrogado. Ante a negativa dos grupos da oposición de apoiar o expediente, convocaráse unha xuntanza na que estarán presentes o concelleiro de Facenda, Juan José Franco; representantes dos grupos políticos e tamén das empresas coa intención de abordar a situación e darlle solución.

4 de maio de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.