publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Persoal do 061 denuncia falta de información oficial sobre o posible traslado da central á Estrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Europa Press
Manifestación do persoal do 061

Manifestación do persoal do 061

Unha vintena de delegados sindicais do servizo de Urxencias Sanitarias-061 concentrouse este xoves ante a sede do Sergas para dar un “toque de atención” aos dirixentes autonómicos e advertir da súa postura contraria ao traslado da sede de coordinación a un edificio da Estrada, onde tamén está prevista a situación da Central de Atención ás Emerxencias (CAE) 112.

Neste sentido, e en declaracións aos medios, o presidente da xunta de persoa, Jorge Puente, explicou que trasladarán as súas demandas aos candidatos que se presentan ás eleccións en Santiago de Compostela, toda vez que, segundo as súas palabras, “é unha empresa que se vai” da cidade.

Os traballadores da central de coordinación advirten de que, malia as “reiteradas” peticións de información, nos cinco anos en que se construíu o edificio na Estrada sempre se lles dixo que era unha infraestrutura “de Presidencia” e se lles negou que fosen ser trasladados a ese lugar, do que se decataron na inauguración por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Así, criticaron que “sen previa negociación” se lles leve agora a outra localidade, unha situación que afecta “a unhas 250 familias, máis de 300″ en cálculos do persoal. Ao respecto, advertiron de que os afectados poderían optar “por outro emprego” ou por trasladarse a A Estrada dende un primeiro momento, pero agora vánselle ocasionar “gastos” e problemas de “conciliación familiar”.

En canto ao servizo, dixo que lles gustaría “saber” como os afectará e indicou que sospeitan que pretenden “fusionar” o 061 co 112. “Cremos que sería un erro en caso de producirse”, asegurou Jorge Puente, quen pediu que a Administración “explique cál é o problema” da atención e por que “non se lles consultou aos profesionais”.

“NON SOMOS MOBLES PARA IR Á ESTRADA”

O traslado do persoal do 112 está previsto para o primeiro trimestre do ano que vén e deducen que o seu sería a continuación, aínda que non teñen “cronograma”. “Non sabemos absolutamente nada”, denunciou.

Na concentración, o persoal concentrouse con pitos e obxectos de percusión, e coreou consignas como “Non somos mobles para ir a A Estrada” e “De Conxo e de San Marcos, non nos moverán”.

6 de maio de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.