publicidade hoxe

O P.A.I. de As Viñas abrirá en breve o prazo de preinscrición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Cabanas abrirá pronto o seu prazo para a preinscrición para o curso 2015-2016 de xeito que as persoas interesadas en obter unha praza no mesmo poidan presentar as súas solicitudes. O prazo dará comezo o día 15 deste mes e rematará o día 30 tamén de maio e os interesados poderán recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do concello en días laborables, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O Punto de Atención á Infancia é un servizo destinado a axudar á conciliación da vida familiar e laboral e está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O centro ofertará a posibilidade dun servizo de xornada completa ou media, para desta forma adaptarse da mellor forma posible as necesidades dos pais e nais. Estas prazas están dispoñibles sen limitación de pertenza ó Concello de Cabanas ou limítrofes. Todas aquelas persoas interesadas en solicitar praza no centro de Cabanas poderán atopar toda a información así como os modelos a cubrir nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web www.cabanas.es ou ben conseguir máis información chamando ós Servizos Sociais no 981 49 59 59.

5 de maio de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.