publicidade hoxe

O espectáculo “Filgueira Valverde: coa maxia e a música” conmemora o Día das Letras Galegas en Fene

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o Concello de Fene conmemorará o Día das Letras Galegas 2015 co espectáculo “Filgueira Valverde: coa maxia e a música”, a cargo do ilusionista Martín Camiña e do músico Álvaro Muras. Será este venres, 15 de maio, na Biblioteca Municipal, a partires das 18 horas e entrada de balde.

Trátase dun percorrido guionizado de música e maxia da vida e obra do profesor Filgueira Valverde. Un espectáculo con fondo musical e ilusións que navegan nos ensaios, narrativa e poesía, con sorpresas lembrando a vida de Filgueira Valverde. Unha proposta orixinal en canto á idea de promover a lectura coa presenza dun músico e dun ilusionista.

Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeles rotos e recompostos, cordas que se rachan e seguen a soar, unhas notas de humor e unha parte moi importante que é a participación dos espectadores. Unha proposta a todo ritmo para entreter e divertir na que o público será partícipe da historia.

13 de maio de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.