publicidade hoxe

O Concello de Tomiño foi seleccionado para participar no proxecto piloto “SIJ+Garantía Social”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O concello de Tomiño solicitou ser unha das entidades escollidas para colaborar co Instituto da Xuventude de España (INJUVE) e o Ministerio de Emprego sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, e ser así un recurso actualizado para a mocidade tomiñesa na loita contra o desemprego xuvenil. O Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso a mozas e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos ao mercado de traballo. Con este motivo ponse en marcha un proxecto piloto cos servizos de informaciónxuvenil que o soliciten.

Colaborar dende o concello de Tomiño co Sistema de Garantía Xuvenil permitirá ofrecerlle á mocidade os nosos servizos en relación ao empregabilidade e o emprendemento tales como:

Apoiar e dar soporte á súa solicitude de inscrición no Sistema e/ou informar e asesorar á mocidade sobre o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ademais de participar activamente no proxecto dentro do marco europeo. Esta iniciativa súmase a outras xa existentes no concello de Tomiño, como a formación que ofertamos, enfocada non só ao desenvolvemento das capacidades profesionais e emprendedoras da mocidade, senón tamén a botarlles unha man para que protagonicen o seu proceso de inserción e evolución laboral, tanto por conta propia como axena e amplíes a súa rede social.

5 de maio de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.