publicidade hoxe

O Concello de Tomiño acaba de ser dado de alta como servizo Multiplicador Cualificado Eurodesk

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTomiño
A-
A+

O concello de Tomiño acaba de ser recoñecido e dado de alta como servizo MULTIPLICADOR CUALIFICADO EURODESK. En Galicia somos, polo de agora, o único concello que conta con este servizo de información sobre programas e iniciativas europeas, dirixido non só á mocidade senón tamén ás persoas que traballan no ámbito da xuventude.

EURODESK centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación, formación e mocidade co obxectivo de involucrar á cidadanía en diferentes actividades europeas. Un xeito de acceder de primeira man a esa información que fomenta o sentemento de identidade europeo e abre un abano de oportunidades para mozos e mozas que acuden á rede Eurodesk para informarse. Os postos Eurodesk son chamados multiplicadores cualificados e son as oficinas locais repartidas polas vilas e ciudades de toda Europa que dan a coñecer á mocidade a información (tanto presencialmente como a través de ferramentas informáticas de Eurodesk).

A través de Eurodesk pódese acceder á información directamente da Comisión Europea e outras axencias de similar grado. Ademais, o servizo ofrece información nacional recollida de diversas fontes polos socios dos países participantes.

Eurodesk é unha rede de información europea na que participamos máis de 46 puntos de Información en España, e 1.800 oficinas de información xuvenil de 29 países europeos, que nos comprometemos a informar á mocidade en temas como: aloxamento, traballo, educación, formación, turismo, intercambios xuvenís, búsqueda de contactos/posibles socios para proxectos europeos, dereitos etc.

6 de maio de 2015 | 20:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.