publicidade hoxe

O Concello de Neda inviste uns 25.000 euros na instalación de novos puntos de luz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, informou esta mañá de que o Concello vén de investir 25.000 euros na instalación de novos puntos de luz e reposición doutros en diferentes zonas do municipio. Entre elas, en Vilar-Lobeira, na parroquia de Anca, onde se colocaron dez báculos. Tratábase do único núcleo de vivendas que, ata este momento, carecía do servizo de alumeado público.

Así mesmo, o Concello procedeu á instalación doutros nove puntos de luz nos seguintes lugares: Casadelos (un); Galanos (dous); Puntal (tres) e Balvís (dous). Ademáis, e dado ao avanzado estado de deterioro dos existentes, o Concello sistituiu as cinco farolas emprazadas na principal arteria de comunicación no casco urbano, a Avenida de Alxeciras.

A partida destinada a esta actuación procedeu de fondos propios municipais.

6 de maio de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.