publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda inicia as obras de sustitución do sistema de climatización da casa consistorial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou esta mañá do inicio das obras de climatización na casa consistorial. Uns traballos que contemplan a retirada do sistema ubicado no alto da Torre do Reloxo e que dá servizo ás dependencias municipais e a ubicación dun noso equipo no interior do inmoble. E é que o actual quedouse obsoleto e trae consigo un alto consumo enerxético e, amáis, polo seu protocolo de funcionamento, impide que o persoal que traballa nas dependencias municipais poida facer o cambio de ciclo, polo que é preciso recurrir a persoal alleo, co conseguinte gasto de mantenemento. Deste xeito, a actuación permitirá un importante aforro enerxético e económico, e unha maior funcionalidade. Tamén, erradicar definitivamente o feísmo no conxunto que forman a Torre do Reloxo e a casa consistorial.

No seu día, o rexidor explicou que o Concello solicitaba unha subvención á Deputación para afrontar o custe da sustitución do sistema, valorado nuns 11.000 euros. Subvención que a institución provincial aprobaba. A partir de ahí, e tras as obras de recuperación da Torre do Reloxo, o goberno local estudaba o xeito de eliminar tamén o impacto da infraestructura na cuberta. A solución chegaba recolocando o novo equipamento no interior da propia casa consistorial, para o que é preciso a apertura de novos ocos no tellado. As obras sumarán uns 5.500 euros ao orzamento, que o Concello, facendo un pequeño esforzo económico, asumirá con fondos propios.

Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses.

11 de maio de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.