publicidade hoxe

O Concello de Cervo valora a recuperación da bandeira azul na praia do Torno como un impulso para o turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo valorou a consecución da bandeira azul para a praia do Torno, en San Ciprián. Unha distinción que certifica a calidade das augas, a xestión ambiental, a seguridade e os servizos que concede ADEAC.

O goberno municipal manifestou a súa satisfacción “por recuperar este galardón no Torno” que cualificou como “un impulso máis ao noso turismo, que formará parte dunha estratexia global para atraer visitantes ao noso concello”.

O grupo de goberno lembra que nos últimos anos o Concello estivo desenvolvendo numerosos traballos, entre eles o saneamento de San Ciprián, “que tiveron os seus resultados, podendo contar de novo coa bandeira azul ondeando no Torno”.

O executivo local destaca que esta distinción é un complemento ás medidas de promoción do turismo que leva a cabo o Concello, como é o caso da colaboración co comercio e a hostalería do municipio, a divulgación das festas de Interese Turístico Galego e outras celebracións, a organización de eventos que mobilizan a numeroso público, a dotación de novas infraestruturas como a área de autocaravanas, a apertura da Oficina de Turismo ou a participación en feiras como Fitur ou Xantar.

15 de maio de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.