publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Cedeira adxudica as obras no skate park do paseo marítimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de adxudicar as obras de mellora e ampliación do auditorio ao aire libre no que se empraza a pista de skate municipal e a instalación de iluminación no campo de fútbol municipal do Beco. Actuacións que, no seu conxunto, suman os cen mil euros de orzamento e que darán comezo ao longo deste mes de maio cun prazo de execución de catro e dous meses, respectivamente. No primeiro caso, o Concello ampliará as posibilidades de uso do skate park, abrindo estas instalacións á práctica de deportes sobre rodas para rapaces e rapazas maiores de doce anos. Para iso, incorporaránse novos elementos e infraestructuras como un dobre funbox e outro simple con barandilla, ou unha rampa de salto, e transformará as actuais rampas de acceso ao recinto en zonas de xogo. A actuación tamén contempla a mellora das condicións do pavimento, tanto do escenario como da pista central do auditorio, así como a ampliación da zona axardinada circundante.

En canto as obras que se levarán a cabo no campo de fútbol consistirán na instalación de catro torretas coas que se facilitará a actividade deportiva nos meses de inverno, con menos horas de luz natural. Unha intervención que, sen dúbida, mellorará as condicións dos adestramentos e, tamén, as posibilidades horarias na competición oficial.

14 de maio de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.