publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello da Rúa asina un protocolo con Sanidade para estudar a viabilidade da instalación dun ascensor no centro de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaLocal Portada
A-
A+
Europa Press
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

O Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde acolleu hoxe pola mañá a sinatura dun protocolo de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Rúa, para estudar as posibilidades e viabilidade da realización de obras de reforma no centro de saúde. O protocolo foi asinado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, e o alcalde da Rúa, Avelino García.

O obxectivo desta iniciativa é permitir o acceso aos pacientes ao primeiro andar do centro mediante a instalación dun ascensor. Trátase pois de dar unha mellor resposta aos problemas de saúde da poboación, mediante actuacións que permitan mellorar as dotacións e infraestruturas adicadas á atención asistencial aos cidadáns deste concello. Neste senso, o Sergas e o Concello colaborarán no financiamento.

Para a súa consecución, formarase un grupo de traballo para o seu desenvolvemento composto por dous representantes de cada unha das partes asinantes. Ademais, crearase unha comisión de seguimento que interprete e asegure o bo fin e cumprimento deste protocolo.

A entrada en vigor deste protocolo é ao día seguinte da súa sinatura e conta cunha vixencia de un ano, podendo ser prorrogado por mutuo acordo antes da datas da súa finalización.

19 de maio de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.