publicidade hoxe

O comercio de Betanzos celebrará o 5 de xuño unha nova noite de portas abertas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

Betanzos acollerá o vindeiro venres 5 de xuño, unha nova edición da noite de portas abertas do Comercio de Betanzos NOITE&COMPRAS que se celebrará en horario de 19.30 h a 23.30 h.

Trátase dunha xornada na que os establecementos comerciais manterán as súas portas abertas ata preto da media noite ofrecendo descontos, sorteos, ou regalos polas compras… Ademais os establecementos ofrecerán preparación de cócteles, degustacións ou música en directo.

Participarán establementos de diferentes sectores: moda, calzado, beleza, complementos, óptica ou regalos. Nesta ocasión participarán no evento CALZADOS PEPE GRANERO, CONFECCIONES CHELA, METAMORFOSE, GRAF MODA JOVEN, DANS COMPLEMENTOS, OUTFIT, CUORE BOUTIQUE, TIKISMIKIS, MULTIÓPTICAS BETANZOS, CUPLÉ e FREESIA.

Con esta iniciativa preténdese dinamizar o sector comercial e hostaleiro así como activar o consumo en Betanzos nunha noite na que os establecementos contarán con decoración especial nos seus establecementos coa finalidade de contribuír a crear un ambiente festivo no comercio de Betanzos.

29 de maio de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.