publicidade hoxe

O CEIP Santa María do Castro contará cun novo campo de bolos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O C.E.I.P. Santa María do Castro contará a partir de mañá mércores 13 de maio cun novo recinto para a práctica lúdico-deportiva: un campo de bolos.

Coa colaboración do Concello de Boiro, o centro educativo da parroquia do Castro contará cun espazo para a práctica dos xogos populares e tradicionais. Neste caso, trátase dun campo de bolos adaptado ao espazo dispoñible no centro e as características do alumnado que practicará esta modalidade ancestral.

O C.E.I.P. Santa María do Castro convertirase así no único centro da provincia da Coruña en contar cun espazo destas características e, posiblemente, nun dos poucos de Galicia, se non o único. O Concello de Boiro xa é o único municipio da provincia da Coruña onde se practica regularmente o xogo de bolos, para os estudosos, un dos máis practicados en todo o mundo nas súas distintas variantes e modalidades.

A apertura deste campo no centro educativo de Cabo de Cruz permitirá aos cativos practicar este xogo e, á súa vez, contribuir para que esta tradición que aínda está viva no Concello de Boiro poida seguir sendo unha realidade. Posiblemente estes alumnos e alumnas que agora xogan no colexio, sexan futuros xogadores no seu tempo de ocio nos campos de bolos que están activos na localidade.

Os colectivos de recente creación: Club de Bolos de Pomardorrío, Club de bolos de Boiro e Club de Bolos de Triñáns, mostrarán aos presentes a técnica e proceder deste xogo milenario.

12 de maio de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.