publicidade hoxe

O Bruxo Queiman e Andrea Pousa representan o espectáculo “Catoira, Camiño de Santiago”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCatoira
A-
A+

Esta mañá presentouse en Catoira o espectáculo “Catoira, Camiño de Santiago”, que a compañía Queiman e Pousa representará o vindeiro venres 22 de maio no Auditorio Muncipal de Catoira. No acto estiveron presentes o alcalde, Alberto García, e os membros da compañía, Bruxo Queiman e Andrea Pousa, ademais dos concelleiros do equipo de goberno.

Catoira, Camiño de Santiago, é un espectáculo dinámico, único, máxico, vital; onde se combina: actuación, danza, música, canto, interpretación. Transmite a nosa historia, contada a través de mitos e lendas que chegan ata os nosos días, formando parte da cultura dos pobos de Galicia a través do camiño de Santiago, unha vía que percorre por igrexas, mosteiros, vilas e aldeas que fecundan a xeografía galega, como Catoira, e que culminan na Cidade de Santiago.

15 de maio de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.