publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá a charla “Emprender baixo a fórmula cooperativa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o próximo 18 de maio a charla “Emprender baixo a fórmula cooperativa”, promovida pola Mancomunidade de Concellos de Ferrol da que forma parte Cedeira. Dirixida a persoas desempregadas e aquelas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, desenvolveráse entre as 12 e as 13 horas. Estará impartida por Mª Dolores Regueiro Pérez, técnica de emprendemento da Oficina Local de Fomento Cooperativo da Mancomunidade e, con ela, preténdese mostrar outra forma de autoemprego amosando as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais. A entrada é libre e gratuíta.

Entre os obxectivos que persegue esta charla destacan dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades; achegar aos participantes experiencias reais de cooperativas; coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo ou os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo. A Mancomunidade auspicia este tipo de iniciativas como entidade colaboradora da Rede Eusumo, unha rede impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social.

11 de maio de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.