publicidade hoxe

O Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza acolleu o 1º Congreso sobre Autismo e TDAH

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Durante este tempo o Doutor  Alfonso Amado Puentes, da Unidade de Neuropediatría do Hospital Xeral de Vigo, introduciunos nesta materia ofrecendo unha valiosísima información sobre estes tipos de conducta. Cáles son os factores ou as causas que determinan a aparición destes trastornos, cómo se detectan e os tratamentos que se poden aplicar ou subministrar para intentar paliar as consecuencias derivadas do padecemento dalgún destes fenotipos conductuales como pode ser o Autismo, TDAH, Trastorno Bipolar e outros.

A continuación a  Psicóloga responsable do Gabinete Psicopedagóxico Litus de Vigo, María Pacín desarrollou a súa ponencia en torno ao TDAH e TEA no ámbito da aprendizaxe. Esta ponencia foi de grande interés para o persoal docente dos colexios.

Ademáis o Congreso contou con testemuños persoais que axudaron a coñecer, recoñecer e entender en maior profundidade estes trastornos, como o caso de Encarna Fernández que compartíu con todos os asistentes a súa experiencia co seu neno. Tamén se  proxectou un video grabado nun colexio da provincia de Pontevedra que ten unha alumna con necesidades especiais. Este colexio foi un exemplo de adaptación segundo os pais da nena xa que cun pouco de axuda da Administración e moitas ganas de traballar por parte do profesorado especial se conseguiron un resultados increibles en canto a adaptación e desarrollo da nena. Todo un exemplo a seguir.

Sobre as 21:00 h abriuse un turno de preguntas e intervencións por parte dos asistentes donde nais e profesorado mostraron as súas inquietudes en torno a estas realidades.

O Congreso foi clausurado por César Pérez Ares, Xefe Territorial de Educación e Cultura da Xunta de Galicia quen manifestou o seu apoio incondicional a este tipo de xornadas pola información que ofrecen non solo ás familias afectadas e profesionais do ensino senón a toda a sociedade. Na súa intervención fixo mención ao incremento do número de becas que este ano se ofertaron para nenos con necesidades especiais que se duplicaron pasando de 2500 a máis de 5000.

O Concello de A Cañiza quere agradecer a asistencia a todos os participantes así como ao Doutor Alfonso Amado Puentes, a María Pacín e a Encarna Fernández que altruistamente aceptaron a invitación para formar parte do Congreso. Tamén queremos agradecer o traballo incondicional desenvolvido por Marta e Ana Belén, veciñas de A Cañiza e integrantes da Asociación TEAVI. Sin a súa ilusión e aportación este Congreso non podería desenvolverse

11 de maio de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.