publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O alcalde de Pol móstrase tranquilo tras saber que a investigación parte dunha denuncia da exsecretaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPolPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O alcalde en funcións de Pol (Lugo), o socialista Liño Rodríguez, confésase “tranquilo”, tras comprobar que a entrada este xoves na casa do concello, nunha investigación dirixida pola xuíza Pilar de Lara, produciuse por unha denuncia da exsecretaria municipal. “Estou moi tranquilo porque non teño de que esconderme”, afirmou, aínda que non ocultou que está “molesto” polo que leu “na prensa”, aínda que a xuíza lle dixo que a causa estaba “baixo segredo de sumario e non ía dicir o que era. “Non obstante hoxe a prensa, xa mo imaxinaba, sinala que isto parte dunha denuncia da secretaria”, agregou.

Desvela que no momento da irrupción de Pilar de Lara coa Policía Xudicial, o xoves pola mañá, informóuselle de que a investigación estaba relacionada cun suposto delito de “coaccións aos traballadores”, o que nega categoricamente.

“Eu sabía que esa señora nos ía denunciar. Por iso estou cada vez máis tranquilo. Hai que ser cautos e cando se levante o segredo de sumario veremos cáles son os motivos polos que somos acusados. Xa os servizos xurídicos están a traballar”, expuxo.

Finalmente, revelou que “dun tempo para aquí”, coa exsecretaria todo se facía “por escrito” e que, polo tanto, “non había coaccións”. “Ela tiña dez días para contestar uns escritos, contestábaos e outros non”, afirmou.

O rexedor socialista de Pol, municipio que conta con 1.738 habitantes, revalidou nas pasadas eleccións municipais a maioría que tiña e logrou un edil máis que hai catro anos, mentres que o PP mantivo dúas actas e o BNG quedou sen o representante que lograra nas comicios de 2011.

29 de maio de 2015 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.