publicidade hoxe

O alcalde de Fene leva a pleno a aprobación do proxecto de execución do campo de fútbol do Pote

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, levará este xoves para a súa aprobación en pleno o proxecto de execución do campo de fútbol do Pote. Un paso previo para sacar a contratación a intervención, valorada en 380.101,23 euros que financiará ao 100% a Deputación provincial da Coruña, institución que xa reservou a partida correspondente nos seus orzamentos e que se concretará mediante a sinatura dun convenio de colaboración co Concello. Deste xeito, a actuación terá custe cero para as arcas municipais e, a cambio, os feneses contarán cunha infraestructura deportiva de última xeración. E é que, amáis de beneficiar á Sociedade Deportiva Cultural Maniños, poñendo á súa disposición un terreo de xogo apto para levar a cabo os seus adestramentos e disputar os seus partidos de competición oficial, cousa que hoxe en día non é posible, tamén se abrirá o seu uso a entidades e asociacións deportivas do municipio.

Cabe recordar que foi a asociación do Pote, titular do campo de fútbol de terra actual, a que cedeu os terreos ao Concello, de modo que deste xeito sexa factible afrontar a intervención. A actuación contempla a reforma do campo de fútbol de terra de Maniños para convertilo nun campo de céspede sintético de última xeración para a práctica de fútbol 11 e 7, que permita o seu uso de forma intensiva e simplifique o seu mantenemento. Amáis dese cambio de superficie, os traballos inclúen a dotación dun sistema de recollida de pluviais do campo, sistema de rego e equipamento con porterías (dúas de fútbol 11 e catro de fútbol 7 de aluminio), dous banquillos con capacidade para oito persoas, de aceiro e metacrilato, banderíns de córner flexibles, barandillas e redes recollebalóns. Tamén se habilitará unha pequena grada descuberta ao fondo do campo. As obras contan cun prazo de execución de tres meses.

6 de maio de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.