publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Novo curso para a obtención do carné de manipulador de alimentos en Pazos de Borbén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén pon a disposición dos seus veciños un novo curso formativo a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local. Trátase dun ciclo formativo para a obtención do Carné de Manipulador de Alimentos de tres horas de duración. Dirixido a maiores de 16 anos, o curso impartirase nunha soa sesión de tres horas en horario aínda por convir. Esta acción formativa está encadrada dentro do plan municipal para combater o desemprego entre a mocidade do municipio.

Durante o curso abordaranse conceptos como a correcta e hixiénica conservación dos alimentos, as enfermidades de orixe alimentaria, o lavado e desinfección dos utensilios ou o estudo das principais dependencias onde se prepara e se serven alimentos. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata completar as prazas dispoñibles e a matrícula ten un custo de 12 euros.

Os interesados en recibir máis información ou formalizar a inscrición deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

6 de maio de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.