publicidade hoxe

Neda inicia a reposición dos máis de 3.000 metros de cable de alumbrado público roubado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, informou esta mañá do inicio das obras de reposición dos máis de tres kilómetros de cable do alumbrado público roubado nos últimos tempos en Neda. Os traballos comezaron o pasado martes na zona do Puntal e, nestes momentos, os operarios traballan na Cruz do Pouso. O cronograma establece que continuarán no paseo marítimo e que rematarán ao longo do presente mes de maio.

A intervención requerirá, no seu conxunto, dun orzamento cercano aos 40.000 euros que Neda financiará con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial da Coruña. As zonas máis afectadas polas sustraccións foron o paseo marítimo, entre Xubia e o parque do Principiño -1.250 metros-; o treito entre Cruz do Pouso e Fontevella -480 metros-; de Vilasuso a San Isidro -900 metros- e do Sartego a Gunduriz -700 metros-.

Así mesmo, o Concello apunta que, en lugar de cable de cobre, estáse a instalar outro de aluminio que apenas ten valor no mercado coa intención de evitar que se repita a súa sustracción.

14 de maio de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.