publicidade hoxe

Monforte únese á conmemoración do Día Mundial Sen Tabaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Cada ano, o 31 de maio, a OMS e os seus asociados celebran o Día Mundial Sin Tabaco, co fin de destacar os riscos para a saúde asociados ao consumo de tabaco e promover a aplicación de políticas públicas eficaces para reducir ese consumo.

Lema 2015:

“Alto ao comercio ilícito de produtos de tabaco”

O mercado do tabaco ilícito podería supoñer ata unha décima parte dos cigarros consumidos no mundo. O comercio ilícito de cigarros custa á Unión Europea e os seus Estados Membros máis de  10.000 millóns de € cada ano en concepto de impostos e ingresos aduaneiros non percibidos.

Mensaxes clave:

Os produtos ilícitos de tabaco arrastran os mozos a probar e consumir tabaco, é máis barato, e non levan advertencias sanitarias.

O comercio ilícito mingua os ingresos públicos en concepto de impostos, e ese diñeiro poderíase destinar á prestación de servizos públicos en lugar de ir parar ás mans de delincuentes.

A epidemia mundial de tabaco mata cada ano a case 6 millóns de persoas, das cales máis de 600.000 son non fumadores que morren por respirar fume pasivamente. Se non actuamos, a partir de 2030 a epidemia matará cada ano a máis de 8 millóns de persoas.

O público xeral pode sumarse á campaña de sensibilización do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco, por exemplo, a través das redes sociais, para difundir as mensaxes e consellos que emitirán os gobernos e a OMS co fin de rematar co comercio ilícito de produtos de tabaco.

28 de maio de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.