publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Ambiente conciencia á cidadanía para reducir os impactos sobre as aves migratorias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPonteceso
A-
A+
Ethel Vázquez en Ponteceso

Ethel Vázquez en Ponteceso

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou esta mañá a necesidade de tomar medidas e concienciar á cidadanía para reducir os impactos sobre as aves migratorias, que na actualidade se cuantifican unhas 10.000 especies diferentes de aves no mundo.

A conselleira, acompañada pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, participou esta mañá en Ponteceso nos actos de conmemoración do Día Mundial das Aves Migratorias, que este ano ten como principal obxectivo incentivar o coñecemento e reflexionar sobre o efecto positivo que teñen as aves no mantemento da biodiversidade e na saúde ambiental.

Engadiu que tamén se debe apostar por tecnoloxías enerxéticas que reduzan ao mínimo ditos impactos. Ethel Vázquez puxo como exemplo as infraestruturas e os tendidos eléctricos que exercen un efecto barreira sobre as aves sendo, en ocasións, causa da morte.

Na actualidade, do total de aves que existente, preto de 1.800 están clasificadas como aves migratorias e case un 15% atópanse en perigo de extinción. Explicou que estas cifras alertan da necesidade de tomar medidas e de concienciar á cidadanía da enorme perda que isto supón para a biodiversidade, para medio e para calidade de vida.

Para dar visibilidade a este reto, o Goberno galego decidiu celebrar o Día Mundial das Aves Migratorias nun espazo representativo e singular como a Enseada de Ínsua, que forma parte da Zona de Especial protección de Aves Costa da Morte, así como o Observatorio de Aves Eduardo Pondal.

Salientou a importancia de actos como o celebrado hoxe, no que participaron 50 rapaces de 5º e 6º de primaria do CEIP Eduardo Pondal, que asistiron nunha charla e unha xornada divulgativa sobre as aves migratorias, así como na solta de sete patos reais, que apareceron orfos e que foron recollidos e tratados no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz de Oleiros. Este tipo de accións son unha boa forma de garantir un futuro máis sustentable e respectuoso co medio ambiente.

8 de maio de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.