publicidade hoxe

Lousame celebrará o Día das Letras Galegas con obradoiros infantís e un concerto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame conmemorará o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Xosé Filgueira Valverde, cunha programación cultural que inclúe un obradoiro infantil e un concerto da Banda Municipal de Música de Lousame. Dous actos de participación totalmente de balde.

Así, este venres 15 de maio, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas, organizado polo Concello de Lousame e a Banda Municipal de Música de Lousame. A entrada é libre e de balde, ata completar o aforo. As pezas que interpretará a Banda de Música de Lousame serán: Ponteareas, Alborada de Carril, Unha noite na eira do trigo, Mi tierra gallega, A Rianxeira, Maruxiña, A Pepa e o Himno Galego.

E para o sábado 16 de maio está prevista a XII Festa do Galego, uns obradoiros culturais e xogos dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos que terán lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave”. Organizados pola Concellería de Cultura de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, a participación é de balde, se ben é necesario anotarse no 981 82 57 80 ou en casacultura@concellodelousame.com. A cita é o sábado 16 de maio, de 10:30 a 12:00 horas.

13 de maio de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.