publicidade hoxe

Letras Galegas na escola infantil de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Os nenos e nenas da Escola Infantil de Xove tiveron hoxe a súa celebración do Día das Letras Galegas. Para isto, dous componentes do grupo da danza e música tradicional Saiñas de Xove desprazáronse á Escola para estar con eles. 

Ás nenas e aos nenos gustáronlles moito os instrumentos que trouxeron, unha gaita, unha pandereta e unha botella. Ensináronlles as partes das que se compoñen, como se agarran para tocar e como soan.

Tocaron tres muiñeiras coas que nenas e nenos desfrutaron bailando e saltando, e trala festa de celebración comeron empanada.

15 de maio de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.