publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Laxe acolle esta fin de semana o VIII Festival de Teatro “Teatrapa”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Chegou o momento de celebrar a VIII edición do Festival Teatrapa de Laxe organizado pola Escola Municipal de Teatro do Concello de Laxe e a Asociación teatral Folerpas Teatro, xunto coa colaboración doutras entidades e agrupacións municipais e que terá lugar na vindeira fin de semana. 

Tal e como anunciábamos fai pouco máis dunha semana, será un festival de teatro no que durante a xornada do sábado participen ademais do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Laxe, alumnado doutras 6 escolas e aulas de Teatro da Galiza: en concreto, os e as de Touro, Palas de Rei, Vedra, Melide e A Estrada.

O festival dará comezo o sábado ás 12 horas no salón de actos municipal de Laxe e continuará pola tarde coa representación dun roteiro teatralizado ás 17 horas e unha terceira obra en interior, de novo no salón de actos municipal, que dará comezo ás 19 horas.

Será a 3ª edición deste ROTEIRO TEATRAL E MUSICAL que dará comezo ás 17 horas dende a casa do concello, no que un total de 8 esceas teatrais e musicais de carácter histórico e cultural laxense, percorrerán as rúas do noso concello. É esta unha actividade a destacar dentro do festival de teatro posto que nel non só participan persoas da Escola Municipal de Teatro, senón que tamén o fan persoas que tocan algún instrumento musical pertencentes á Escola Municipal de Música Municipal e a grupos musicais locais como O Tren da Unha, persoas que interpretan textos cantando, Coral Polifónica Municipal, e mesmo veciños e veciñas que pertencentes a algunha asociación municipal (Amas de Casa, Asociación de Minusválidos O Peñón, Asociación Cultural de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe) ou non, se convirten en actores e actrices por un día.

Algunhas das historias que se recrearán serán: a chegada dos cataláns a Laxe, as pescas e as fábricas de salazón de Laxe, a personaxe de “O Farruco”, as lavandeiras, o muíño do vento de Laxe, as palilleiras, etc…

O domingo, ás 19 horas pechará o festival de teatro a actuación dos grupos de maiores da Escola Municipal de Teatro, interpretando O Mundo das Ras.

28 de maio de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.