publicidade hoxe

Íntegro acolle a presentación das últimas tecnoloxías en handbikes e accesorios stricker para persoas con mobilidade reducida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de Bergantiños
A-
A+

Este venres teremos unha visita moi especial en Íntegro. Responsables da empresa valenciana Rodem achegaranse ata as nosas instalacións para presentar as últimas novidades en handbikes e accesorios stricker, tecnoloxía de vangarda para facer máis accesible e cómodo o desprazamento de persoas con mobilidade reducida. Esta firma valenciana tamén está a traballar no deseño de produtos revolucionarios que permiten aos usuari@s de cadeira de rodas moverse por calquera terreo sen dificultade.

Durante a visita, que terá lugar de 10:30 a 13:00 horas, os representantes de Rodem realizarán unha demostración, aberta ao público, ofrecendo a posibilidade de probar algúns dos aparatos máis sofisticados. Dende a asociación queremos convidar e animar a todas as persoas que o desexen a acudir ata o noso centro para participar nesta interesante xornada na que, sen dúbida, descubriremos parte da tecnoloxía máis avanzada que existe no mercado actual para facer máis sinxelo o día a día a quen sofre problemas de mobilidade.

20 de maio de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.