publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal na Peroxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PeroxaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Ourense imputou o presunto autor dun incendio forestal rexistrado no municipio ourensano da Peroxa. Segundo informou a Consellería de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza, o lume que se lle imputa produciuse o pasado 24 de maio no lugar de Vilarrubín e afectou a unha superficie de 5.200 metros cadrados de monte arboredo.

As mesmas fontes sinalaron que a orixe das lapas foi a “mala extinción dunha queima” na que “non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas”.

Ademais, o imputado carecía, segundo engaden as mesmas fontes, de comunicación de queima, posto que ese día os permisos estaban suspendidos a causa da meteoroloxía. As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron trasladadas ao Xulgado de Instrución Número 2 de Ourense.

No que vai de ano, un total de 16 persoas foron imputadas pola Policía Autonómica por delitos relacionados con incendios forestais.

27 de maio de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.