publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gasta bromas enviando mensaxes por móvil simulando un asasinato

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterrosoPortada esquerdaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil localizou unha persoa que enviaba mensaxes a través do teléfono móbil simulando un asasinato tras o aviso dunha veciña de Monterroso (Lugo) que os recibía. Segundo informou o Instituto Armado, tivo coñecemento o pasado mes de xaneiro, a través dunha veciña de Monterroso, que denunciou que recibía no seu teléfono móbil de madrugada varias mensaxes “vía wassapp”.

As mesmas fontes sinalaron que o contido das mensaxes “fai indicar que se acaba de cometer un asasinato por encarga con resarcimento económico” e, segundo engaden, “baixo a ameaza de que a persoa receptora ten que entregar unha cantidade de diñeiro, non especificada, se non quere sufrir as mesmas consecuencias relatadas nas mensaxes”.

A receptora, “atemorizada” ante estes feitos, segundo o relato da benemérita, comparece en dependencias da Garda Civil e relata o acontecido. Por iso, iniciouse unha investigación, que deu como resultado ese mesmo día coñecer que o presunto autor se situaba na provincia de Barcelona.

A continuación contactouse con axentes da Garda Civil de Barcelona e puxo no seu coñecemento a gravidade que sinalan as mensaxes, co fin de esclarecer canto antes os feitos.

CAUSAS NATURAIS

Os datos solicitados polos investigadores nas inmediacións da cidade condal verificaron que non se tiña constancia de desaparecidos recentemente na zona e que os falecidos corresponden a causas naturais.

Así, na segunda fase desta investigación utilizáronse as infraestruturas informáticas da Garda Civil, que obtiveron un ‘modus operandi’ similar nun pobo da provincia de Huelva, onde unha veciña recibía “unhas mensaxes idénticas dimanantes do mesmo teléfono e situación”, sinala o Instituto Armado.

Unha vez obtida a titularidade do teléfono emisor procedeuse a localizar ao seu titular quen, en dependencias policiais, recoñeceu que enviara esas mensaxes, co pretexto de gastar unha “macabra broma” a uns receptores elixidos de forma aleatoria, cos cales non mantiña ningunha vinculación.

Por estes feitos o individuo responderá ante a autoridade xudicial competente como presunto autor dun delito de simulación de delito, segundo concretou a Garda Civil.

25 de maio de 2015 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.