publicidade hoxe

Gandeiros e agricultores de Val do Dubra descobren como dinamizar o sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+
Un instante da charla

Un instante da charla

Un grupo de gandeiros e agricultores de Val do Dubra participou esta mañán na Casa da Cultura de Bembibre nunha xornada sobre a dinamización do sector agrogandeiro e forestal. A charla foi organizada polo Concello de Val do Dubra, que preside Ramón Varela, e promovida polo GDR Terras de Compostela. Merche Gil e Tomás Díaz foron os técnicos que explicaron aos asistentes a normativa qe afecta ao sector agro-forestal ante o novo escenario da Política Agraria Común (PAC) e a incidencia destas axudas na rendibilidade das explotacións. Á xornada informativa tamén acudiu o alcalde de Val do Dubra, Ramón Varela.

Os gandeiros e agricultres de Val do Dubra interesáronse polos aspectos fiscais que inflúen para levar unha mellor xestión fiscal e contable das explotacións. Os técnicos tamén deron a coñecer a normativa que inflúe nas plantacións forestais como a Lei 7/2012 de Montes de Galicia e a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.

5 de maio de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.