publicidade hoxe

Gala Literaria e Musical no Día das Letras Galegas na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Ás 17 horas do domingo, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas,acto que organiza o Concello de Verín anualmente o 17 de maio coa colaboración de Supermercados Gadis. Na gala recitaranse os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e leranse os traballos que gañaron o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez. O Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín interpretará músicas de autores galegos.

Tanto no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez como no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez participaron este ano centros de diversos municipios da comarca de Verín. En Primaria, os centros participantes foron o CEIP O Castiñeiro de Lazo, o CEIP Amaro Refojo de Verín e o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada. En ESO participaron o IES Castro de Baronceli, o IES Xesús Taboada Chivite, o Centro Privado Plurilingüe María Inmaculada e o Colexio Apostólico Mercedario.

Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e un diploma. Os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar, en cada un dos niveis, premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente, lote de libros e diplomas.

15 de maio de 2015 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.