publicidade hoxe

Finaliza o ciclo de cine de Carral coa comedia sueca “El abuelo que saltó por la ventana y se largó”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A sala de audiovisuais da Casa da Cultura acolle hoxe, ás 20:30 h, a última sesión do ciclo Películas para a Primavera, que organiza a Concellería de Cultura. O filme que se proxecta hoxe é a comedia sueca El abuelo que saltó por la venta y se largó, que conta a esperpética peripecia dun ancián de 100 anos, mentres lembra simpáticos feitos da súa vida na que estivo cos principais protagonistas do século XX.

A entrada á proxección é de balde e dado que aforo é limitado, pódense retirar previamente as entradas na propia Casa da Cultura

CULTURA PRESENTA UNHA EXPOSICIÓN DA SÚA ESCOLA DE TAPICES

A Concellería de Cultura organiza unha exposición da súa Escola de Teares e Tapices, con traballos confeccionados no actual curso.

Na exposición presentanse unha trintena de obras con diversas técnicas que se foron perfeccionando ao longo do curso que imparte a profesora Josefina Sedes.

A mostra abrirá ao público ata o 15 de maio.

A escola de tapices é a máis antiga das que mantén a Concellería de Cultura e son moitas das súas alumnas as que levan máis de 17 anos traballando estas técnicas.

O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA OFICIALIZA A COLECCIÓN VISITABLE DO CASTRO DAS TRAVESAS

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de onte, ven de recoñecer, autorizar e cualificar a Colección Visitable do Castro das Travesas, ubicada na Casa da Cultura.

Este equipamento cultural permite darlle difusión á interpretacion das excavacións que se levan a cabo neste castro, á vez que posibilita que os achádegos arquolóxicos permañezan en Carral para o seu estudio e conservación.

Coa oficialidade da colección visitable, a Concellería de Cultura do Concello de Carral emprenderá un programa de difusión que abrangue desde a edición de folletos, ata o deseño de programas didácticos para escolares e público en xeral.

A Colección Visitable do Castro das Travesas está aberto ao público no mesmo horario que a Casa da Cultura

A CASA DA CULTURA PERMAÑECERÁ PECHADA MAÑÁ SÁBADO

Con motivo da celebración da Festa do Pan de Carral, as dependencias da Casa da Cultura, que entre outros comprende a biblioteca municipal, permañecerán pechadas mañá sábado.

8 de maio de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.