publicidade hoxe

FIG e Federación Galega de Atletismo organizan a I Carreira Popular Semana Verde de Galicia o 13 de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaSilleda
A-
A+

A 38ª edición da feira Semana Verde de Galicia, a  cal terá lugar do 11 ao 14 de xuño na Feira Internacional de Galicia, acollerá nesta edición una novidade deportiva, a I Carreira Popular Semana Verde de Galicia.

Organizada pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Federación Galega de Atletismo, esta proba ten como obxectivo convertese nunha cita para todos os afeccionados ao atletismo e tamén todo tipo de deportistas, dende os máis pequenos aos máis veteranos, que queiran desfrutar desta disciplina ao aire libre.

Así, esta I Carreira Popular Semana Verde de Galicia contará con dúas categorías, Escolar, que inclúe Pitufos, Benxamín, Alevín,  Infantil,  Cadete e Xuvenil, e Absoluta, na que se contemplan as subcategorías Junior, Promesa, Senior, Veterano A, Veterano B, Veterano C e Veterano D. Todas elas, con distintos horarios de saída e con distancias que van entre os 150 metros e os 10.000 metros, terán como punto de partida o paseo central do recinto feiral.

Os participantes, que poden ser atletas federados ou non, deben inscribirse ata o 11 de xuño ás 20:00horas na web www.carreirasgalegas.com. O custo da inscrición é de 5€ para a categoría Absoluta e gratuíta para a Escolar.

A retirada de dorsais e chips poderase realizar ao longo de todo o día 13 de xuño no punto informativo do pavillón 2 do recinto feiral e unha hora antes da carreira nas inmediacións da liña de saída. Con eles entregarase unha camiseta a todos os inscritos. 

1.600€ en premios en metálico

En canto aos premios, todos os participantes recibirán medalla e outros agasallos. Ademais, en Pitufos entregaráselles a todos un diploma, e aos tres primeiros clasificados nas restantes categorías, tanto de Escolar como de Absoluta, un trofeo. Así mesmo, en categoría Absoluta repartiranse 1.600€ en metálico, recibindo, tanto na sección masculina como na feminina, os tres primeiros clasificados un premio de 300€, 150€ e 100€ e do cuarto ao octavo posto un premio de 50€.

28 de maio de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.