publicidade hoxe

Fene reedita o programa de conciliación da vida familiar e laboral “Verán máis alá”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Un ano máis volve o programa de conciliación da vida laboral e familiar “Verán máis alá” que promove o Concello para o alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria (nados entre os anos 2002 e 2010). Celebrarase do 1 ao 31 de xullo no CEIP de Centieiras en horario de 8 a 14,30 horas.

O programa propón un amplo abano de actividades artísticas utilizando diferentes materiais que maximicen o potencial creativo das pequenas e pequenos artistas. Actividades formativas que apoien o currículo formal escolar, sen perder de vista o contexto lúdico e educativo no que se desenvolven: contafábulas, contos e xogos en inglés, ciencia divertida…

Pero tamén xogos cooperativos e populares, predeporte e deportes convencionais para favorecer a socialización, a cooperación a tolerancia e o xogo limpo. Ou actividades acuáticas na Piscina Municipal e excursións, danza, música, teatro… Os veciños de Fene interesados na inscrición poderán formalizala os días 16 e 17 de xuño no departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán dereita) e, os doutros concellos, sempre que queden vacantes deixadas polos primeiros, poderán facelo os días 18 e 19 de xuño. Horarios de presentación da solicitude: de 8 a 19 horas o luns, e de 8 a 14,30 horas o martes, mércores e xoves. As prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 120 previstas.

O 19 de xuño, hase publicar a listaxe dos participantes no programa. As cuotas a abonar son de 68,15 euros o primeiro membro da unidade familiar e de 36,70 euros a partir do segundo. Haberá redución do 50% e incluso do 100% en función da capacidade económica. Tamén hai a posibilidade de participar nunha das quincenas, pola que se abonará o 50% da cuota establecida.

As bases da convocatoria poden consultarse na web municipal www.fenecidadan.net.

29 de maio de 2015 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.