publicidade hoxe

Fene dase a coñecer en Internet coa tecnoloxía de drons

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O concelleiro de Promoción Turística, Juan José Franco, avanzou esta mañá que, dende hoxe mesmo, Fene conta cunha nova e novidosa ferramenta de promoción. Trátase dun vídeo que recolle os principais paraxes e recursos turísticos do municipio dende unha perspectiva ben diferente á habitual. E é que, tal e como explicou o edil, as imaxes nas que se basea están tomadas por drons. De ahí que sexan moi diversas e variadas, incluso descoñecidas, as ópticas dos mil recantos que ofrece Fene a veciños e visitantes. Todos eles poden ver ese resumo visual de Fene na páxina web municipal www.fenecidadan.net.

Nesta liña, o concelleiro explicou que o vídeo tivo custe cero para o Concello, xa que contou cunha axuda procedente da Deputación provincial da Coruña por importe duns 8.000 euros. Así mesmo, o edil agradeceu a colaboración do escritor e Fenés do Ano Ramón Loureiro, que tomou parte no proxecto asesorando sobre o guión. A intención agora do Concello é promover a difusión do vídeo a través das redes sociais e plataformas webs disponibles, entre outras medidas.

19 de maio de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.