publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguidos os dous incendios forestais que queimaron en Vilaboa unhas 65 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilaboa
A-
A+
Europa Press

Os dous incendios rexistrados de xeito simultáneo no municipio pontevedrés de Vilaboa quedaron extinguidos este xoves tras queimar unhas 65 hectáreas entre ambos os dous. Segundo informou a Consellería de Medio Rural e do Mar, os lumes comezaron ás 2,12 horas do mércores na parroquia de Cobres e quedaron extinguidos ás 15,02 horas deste xoves.

As estimacións provisionais apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada en 15 e 60 hectáreas de monte arboredo.

Os medios que traballaron na extinción do lume de menor dimensión foron catro técnicos, cinco axentes forestais, 11 brigadas, seis motobombas, un avión e catro helicópteros.

Mentres, no outro incendio colaboraron seis axentes forestais, 12 brigadas, oito motobombas, dúas pas, un helicóptero e un avión.

28 de maio de 2015 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.