publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido un incendio forestal en Manzaneda tras queimar 60 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaManzanedaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural informou este venres da extinción dun incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Manzaneda e que calcinou 60 hectáreas. Segundo informou a Xunta, o lume iniciouse sobre as 23.00 horas deste xoves na parroquia de Cernado e quedou extinguido ás 4.50 horas do venres. Nos traballos de extinción participaron catro axentes forestais, catro brigadas e tres motobombas. Segundo as estimacións provisionais, o lume calcinou 60 hectáreas de monte raso.

22 de maio de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.