publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal que obrigou a desaloxar vivendas na tarde do mércores na parroquia de Padróns do municipio de Ponteareas (Pontevedra) permanece controlado dende as 20,30 horas deste xoves. Así o confirmou a Consellería de Medio Rural e do Mar, que concretou que a superficie afectada por este lume se sitúa en 27 hectáreas, das cales 25 corresponden a monte arboredo e as dúas restantes a raso. Nas tarefas de control traballaron un técnico, 10 axentes forestais, 20 brigadas, 10 motobombas, dúas pas, o helicóptero pasou cinco veces e tres o avión.

28 de maio de 2015 | 21:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.