Exposición de pintura e festa do porco á brasa na fin de semana de Vedra
Os obradoiros de pintura do concello de Vedra abren as portas do Museo Paz Camps este xoves, ás 20.00 h., para presentar o resultado dos seus meses de traballo.
HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO:
Do 14 de maio ao 14 de xuño
– Venres de 17 a 21 h.
– Sábados de 11.30 a 13.30 h. e de 19 a 21 h.
– Domingo de 11.30 a 13.30 h.
IX FESTA DO PORCO Á BRASA EN TROBE O 17 DE MAIO
Celebrarase no local multiusos desta parroquia. Pregón a cargo de Ángel Benavente (Do Centro Superior de Hostelería de Galicia). A xornada gastronómica comezará a partires das 14.30 h. O xantar terá un prezo de16 € para as persoas que retiren a súa entrada anticipada
(retiradade tickets na Dorna, Casa Mera, Bar A Liada e A Colmena). Venda de entradas na propia festa por 18 €. Menores de 10 anos 5 €