publicidade hoxe

Evacuado un menor en Sarria tras ser rescatado dun pozo de zurro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarriaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un menor foi evacuado en helicóptero na noite do martes tras ser rescatado despois de caer a un pozo de zurro no termo municipal de Sarria (Lugo). Segundo informou o 112, os feitos tiveron lugar sobre as 20,30 horas do martes nun terreo privado do lugar de Pintín, no municipio de Sarria.

O rapaz foi rescatado de inmediato sen a axuda dos servizos de emerxencias, segundo sinalaron as mesmas fontes. Foron mobilizados un operativo formado polo 061, Guardia Civil e Protección Civil. O 061 desprazou unha ambulancia, un médico e o helicóptero con base en Ourense, que trasladou ao menor ferido ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo, segundo apuntaron fontes sanitarias.

13 de maio de 2015 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.