publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Evacuada unha septuaxenaria en Láncara tras sufrir unha intoxicación polos gases dun braseiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncaraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller duns 70 anos de idade foi evacuada na mañá deste venres a un centro hospitalario tras sufrir unha intoxicación polos gases dun braseiro na localidade de Láncara (Lugo). Segundo informou o 112 Galicia, a muller sufriu unha intoxicación a causa dunha acumulación de monóxido de carbono no interior da súa vivenda.

As mesmas fontes sinalaron que todo parece indicar que os gases procedían dun braseiro sen suficiente ventilación. Os feitos sucederon sobre as 11,10 horas no lugar de Vilarello, no municipio lucense de Láncara.

Os Bombeiros de Sarria sinalaron que soamente a muller necesitou ser trasladada aínda que na vivenda había máis xente que foi atendida no lugar por persoal de Urxencias Sanitarias, segundo indicou o 112.

En concreto, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que trasladou á muller, C.A.R., de 70 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), confirmaron fontes sanitarias.

8 de maio de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.