publicidade hoxe

Ethel Vázquez visita Acuidoro S.L tras mercar 24.000 m2 para ampliar as súas instalacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal Portada
A-
A+
Ethel Vázquez na visita a Acuidoro S.L.

Ethel Vázquez na visita a Acuidoro S.L.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, salientou hoxe o labor das empresas que apostan por xerar investimentos e crear emprego en Galicia con actividades respectuosas co medio ambiente. Así o dixo durante a visita que hoxe realizou á empresa Acuidoro S.L., no polígono industrial de Cuíña, unha compañía que vén de mercar 24.400 metros cadrados de solo industrial a un prezo bonificado do 50%, ao acollerse ao concurso de venda de parcelas nos parques empresariais propiedade de Xestur convocado o pasado mes de xaneiro.

A responsable de Medio Ambiente do Goberno subliñou que “con esta iniciativa, que contará cun investimento de arredor de 24 millóns de euros, faise posible que esta empresa, que xa ten unha planta de engorde de máis de 44.000 m2 neste polígono, poida seguir desenvolvendo a súa actividade en Cervo”.

Ethel Vázquez sinalou que crearanse arredor 76 postos de traballo: 26 directos e outros 50 indirectos, aos que hai que engadir os empregos que se xerarán durante a construción das plantas: arredor de 100 postos de traballo durante os 18 meses que se estima que duren as obras, o que redundará de xeito positivo neste Concello, pero tamén en toda Galicia.

Esta firma, que pertence ao grupo Stolt Sea Farm, líder mundial de produción de rodaballo, con 15 granxas de acuicultura en 6 países, ten previsto acometer unha ampliación das súas instalacións, “polo que estamos ante un novo investimento que, sen dúbida, redundará de xeito positivo”, incidiu.

Ademais, explicou Vázquez que esta actuación “demostra que Galicia é capaz de xerar confianza nas nosas empresas; pon de manifesto as mellores perspectivas económicas da nosa Comunidade; e acredita que hai empresas decididas a apostar pola creación de emprego na nosa terra que, ao fin e ao cabo, é a mellor política social que lle podemos ofrecer aos cidadáns”.

19 de maio de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.