publicidade hoxe

Estudantes da Coruña e Sada descobren o Pazo de Mariñán coas rutas de Turismo Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaSada
A-
A+

Hoxe o Pazo de Mariñán recibiu dúas visitas de colexios da comarca con motivo do programa de Turismo Escolar creado pola Deputación da Coruña. En concreto acudiu un grupo de 56 alumnos e alumnas do CEIP Concepción Arenal da Coruña, o primeiro colexio en confirmar a súa participación neste proxecto, tras a presentación da institución provincial. O alumnado participante estaba en quinto e sexto de primaria e, polo tanto, tiña entre 10 e 12 anos.

Tras eles, chegou outro grupo de 18 estudantes do CEIP  O Mosteirón de Sada. Neste caso foron rapaces e rapazas de primeiro da ESO.

A visita do Pazo de Mariñán está incluída na ruta “O bosque animado” que tenta explicar  como era a vida dentro dun pazo e a súa contorna, algo tan relevante que chegou a inspirar a novela de Wenceslao Fernández Flórez. Por iso, xunto ao Pazo de Mariñán é posible tamén coñecer a casa do escritor galego en Cambre.

Ademais, a Deputación ofrece outras dúas rutas: “Da Prehistoria ao Medievo” (Dolmen de Dombate e o Castelo de Vimianzo) e “Coas mans no barro” (Eco-Museo Forno do Forte, en Buño).  Segue aberto o prazo de inscrición e, polo momento van xa 21 visitas pechadas.

8 de maio de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.